ACTIVIDADE AUTÓNOMA
As actividades autónomas son actividades para realizar fóra da aula e fóra do horario lectivo. Trátase de dous modelos distintos de actividades, das que o alumnado escollerá unha. A primeira delas será responsabilidade exclusiva do alumnado, mentres que a segunda desenvolverase ao longo dos meses de outubro-novembro, no centro, baixo a coordinación da persoa docente.
A finalidade das mesmas é a creación do produto final da situación de aprendizaxe. Neste caso, a través destas actividades, cada alumna e alumno preparará e participará nun debate ou realizará unha lectura a partir da cal redactará un manifesto contra a violencia de xénero. Despois todo o alumnado participará nunha posta en común na aula coa fin de construír entre todas, entre todos, o manifesto, Contra a violencia de xénero, ao que se lle dará lectura pública o 25N.
Para chegar a ese produto final o alumnado poderá escoller entre as dúas OPCIÓNS que se propoñen a continuación.