TF. Argumentación oral
Con toda a información recollida e creada a partir das tarefas realizadas ao longo desta secuencia didáctica e seguindo as indicacións que se dan a continuación, deberás preparar unha intervención oral arredor da viñeta que a persoa docente che asigne, entre as que aparecen na seguinte presentación.
PASOS A SEGUIR:
- Observa as viñetas da presentación anterior.
- Revisa a rúbrica de avaliación, premendo na pestana.
- Le detidamente as Indicacións para analizar imaxes e o modelo escrito que as acompaña.
- Prepara a túa intervención oral incorporando os contidos pertinentes e respectando a estrutura sinalada nas Indicacións.
- Elabora un brevísimo guión que che permita non perder o fío durante a argumentación.