Es racista?

Conciencia lingüística crítica: Enfoque xurdido a partir da conciencia lingüística, que postula que un dos elementos primordiais de toda educación lingüística consiste en analizar a lingua como unha forma de práctica social. Preténdese que os discentes adquiran as destrezas necesarias para utilizar os seus coñecementos sobre a lingua como unha forma de análise crítica da sociedade, centrándose preferentemente nos usos manipuladores da lingua por parte de institucións como a prensa, a publicidade ou os políticos.
FONTE: dicenlen
TEST: Arredor dos prexuízos
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial 4.0