Descargar arquivo fonte
Título | Falando enténdese a xente? |
---|---|
Descrición | Esta situación de aprendizaxe persegue que o alumnado reflexione sobre a comunicación e a necesidade de diálogo e entendemento para unha convivencia pacífica no seo dunha sociedade democrática e respectuosa cos dereitos de todas e todos. Busca que o alumnado infira a distinta situación social na que se atopan as linguas da Península Ibérica e que poidan identificar os prexuízos lingüísticos e relacionalos con outros prexuízos, para que, a partir de aí, desenvolvan unha actitude e un comportamento normalizadores non só para coas linguas minorizadas, senón tamén para coa igualdade entre homes e mulleres e para coa xustiza social en xeral. O produto final dará resposta á pregunta inicial, "Falando enténdese a xente?", a través dun debate, do que deberá nacer un manifesto común contra a violencia de xénero. |
Autoría | Sofia Rama |
Licenza | Creative Commons BY-NC 4.0 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o seu editor libre e de código aberto para crear contidos educativos.