MANIFESTO 25N. Contra a violencia de xénero
O produto final da SA1 consiste na creación dun manifesto grupal, Contra a violencia de xénero, que se imprimirá e repartirá entre a comunidade educativa, para facer unha lectura pública o 25N, unha vez traducido ás linguas oficiais da Península Ibérica. O manifesto deberá incidir en dúas ideas:
- As persoas enténdense falando.
- A igualdade de dereitos é imprescindible para erradicar a violencia de xénero.
A igualdade entre homes e mulleres é un dos Dereitos Humanos, recollido nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS), adoptados polas Nacións Unidas en 2015, son un grupo de obxectivos relativos ó desenvolvemento internacional futuro. Consideran que é posible medrar dun xeito sostible. Trátase de 17 obxectivos globais e 169 metas específicas para acadar eses obxectivos, que deben lograrse en 2030. Constitúen unha chamada universal para poñer fin á pobreza, á fame, á sida e á discriminación contra mulleres e nenas; protexer o planeta e garantizar que todas as persoas desfruten de paz e prosperidade. Perseguen a sostibilidade social, económica e ambiental, priorizando o progreso dos menos desenvolvidos; e consideran que para alcanzalos son necesarios os recursos financeiros de toda a sociedade, a tecnoloxía, o coñecemento e a creatividade. (ODS. ONU)
