TF1. Elaboración dunha presentación informática
A partir da información recollida e creada nas tarefas previas, en grupos de 4 persoas, organizade a elaboración dunha presentación informática sobre unha das linguas da Península Ibérica (a que vos asignara a persoa docente).
PASOS A SEGUIR
- Revisade todos os documentos vistos nesta secuencia didáctica.
- Repasade a rúbrica para a Avaliación de presentacións informáticas.
- Acordade o reparto do traballo, tendo en conta que a presentación debe constar de 4 partes:
- características da lingua (información obtida nas TP5 e TP6)
- historia social da lingua (información obtida na TP4 e nos hiperenlaces da TP5)
- situación social na actualidade (información obtida nas TP3 e TP6)
- exemplos de documentos escritos (literatura) e orais (música actual) (información que deberedes procurar vós)
- características da lingua (información obtida nas TP5 e TP6)
- Reunide toda a información necesaria para cada unha das partes do traballo.
- Esbozade graficamente, a través dun story board, as diapositivas da vosa presentación.
- Respectade na presentación o seguinte guión:
- Portada (1 diapositiva)
- Índice (1 diapositiva)
- Introdución (presentación do asunto: Unha das linguas da Península Ibérica) (1 diapositiva)
- Desenvolvemento:
- características da lingua (2 diapositivas)
- historia social da lingua (2 diapositivas)
- situación social na actualidade (2 diapositivas)
- exemplos de documentos escritos (literatura) e orais (música actual) (2 diapositivas)
- Conclusión (1 diapositiva)
- Fontes de información. Hiperenlaces. (1 diapositiva)
- Engadide imaxes libres e pertinentes que ilustren os contidos, cunha hiperligazón á páxina na que foron atopadas.
- Editade a presentación (tipo e tamaño de letra, fondo, movemento, distribución de texto e imaxe...), dándolle o voso estilo persoal.
- Elaborade un guión a partir da presentación para preparar a vosa exposición oral.
- Descargade a presentación en pdf e envíadea á docente seguindo as Indicacións do Caderno TIL. Envíade tamén nese correo un hiperenlace ao documento dixital.
representación visual dunha historia ou narración