TAREFA DE REFORZO
Cando esteamos a piques de finalizar a situación de aprendizaxe, deberás deseñar e entregar a "Proba" coa que che gustaría que a docente avaliase o teu grao de consecución dos obxectivos desta SA1. Deberás confeccionala ao longo do mes, durante o proceso de realización das tarefas de cada unha das secuencias didácticas que configuran a SA1 e deberás cumprir con estes requisitos:
- Só poderás incorporar á mesma preguntas relacionadas coas tarefas realizadas.
- Seguirás o modelo PAU para LGL que se atopa na páxina web da CIUG.
- Deberá poder realizarse en 50 minutos.
- Entregarala o 28-29 de outubro.
A docente escollerá a que considere máis adecuada, de entre todas as presentadas. E esa userá a "Proba de avaliación" correspondente á SA1, que todo o alumnado deberá realizar na aula o 4 de novembro.
Dúas son as finalidades que persegue esta tarefa:
- Reforzar as destrezas e os saberes adquiridos ao longo da situación de aprendizaxe, para mellorar o desenvolvemento competencial, especialmente o referido á CCL.
- Practicar o modelo de proba PAU.