SD1. E ti que falas?
Obxectivo xeral: Crear conciencia lingüística
Conciencia lingüística: Coñecemento explícito sobre a linguaxe e as linguas, sensibilidade dos falantes cara á natureza da lingua, cara a súa aprendizaxe e ensino, e comprensión do papel que desempeña na vida dos seres humanos. O termo xorde no Reino Unido nos anos 80 a partir dunha serie de discusións sobre a reforma do currículo, tras detectar que o alumnado terminaba o ciclo de ensino secundario (10 a 14 anos) con problemas de comprensión e produción de textos, tanto na lingua materna como na estranxeira.
Para desenvolver a conciencia lingüística o alumnado debe:
- combinar a aprendizaxe da lingua e a cultura,
- reflexionar sobre s linguas, tendo en conta as diferenzas e semellanzas nos usos lingüísticos, pragmáticos e culturais entre as L1, L2, L3 ...
- descubrir por si mesmo como funciona a lingua (observar, analizar e interpretar os fenómenos lingüísticos).
FONTE: dicenlen
Precoñecemento
CUESTIONARIO. Arredor do multilingüismo da Península Ibérica
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial 4.0